Saltar ao contido
PDFGrapa

Comprimir PDF

Reduce o tamaño dos teus PDF escollendo entre máxima compresión ou máxima calidade.

En servidor (UE)

Esta función precisa o noso servidor. Os ficheiros viaxan cifrados, procésanse na UE e bórranse en canto remata o proceso.

Algo non funcionou? Cóntanolo

Reduce o tamaño dun PDF para envialo por correo, subilo a unha sede electrónica ou gardalo ocupando menos. O que máis pesa adoitan ser as imaxes, así que se axusta a súa resolución ao nivel que escollas, mentres o texto segue nítido. Podes comprimir varios ficheiros dunha vez.

Como funciona

  1. 1Sube un ou varios PDF.
  2. 2Escolle o nivel: compresión máxima, equilibrada (recomendada) ou alta calidade para imprimir.
  3. 3Descarga os ficheiros comprimidos e compara o tamaño antes e despois.

Preguntas frecuentes

Canto se reduce un PDF?

Depende do contido. As dixitalizacións e os PDF con fotos poden quedar nunha fracción do seu tamaño; os que só teñen texto apenas cambian. Se o resultado fose maior ca o orixinal, devolvémosche o orixinal.

Que nivel de compresión escollo?

A equilibrada (150 ppp) vese ben na pantalla e vale para a maioría de trámites. A máxima (72 ppp) é para cando o límite de tamaño é moi estrito, e a de alta calidade (300 ppp), para imprimir.

Pérdese texto ou calidade de lectura?

O texto e os gráficos vectoriais non perden nitidez. O que se reduce é a resolución das imaxes, por iso na compresión máxima as fotos poden verse menos definidas.

Están seguros os meus ficheiros?

Envíanse cifrados (HTTPS) ao noso servidor na UE. Durante a fase de probas gardamos unha copia do ficheiro e do resultado ata 30 días, só para revisar a calidade do servizo; despois bórranse automaticamente. Os contrasinais non se gardan nunca.

É de balde?

Si. Todas as ferramentas son gratuítas, sen rexistro e sen marcas de auga engadidas.

Ferramentas relacionadas

Todas as ferramentas