Reparar PDF
Recupera PDF danados que non se abren ou dan erro.
En servidor (UE)
Esta función precisa o noso servidor. Os ficheiros viaxan cifrados, procésanse na UE e bórranse en canto remata o proceso.
Intenta recuperar un PDF danado que non se abre, se abre en branco ou dá erro: por exemplo un ficheiro que se descargou a medias ou que estragou outro programa. Primeiro reconstrúese a súa estrutura interna e, se non abonda, refanse as páxinas a partir do que se poida ler.
Como funciona
- 1Sube o PDF danado.
- 2Agarda a que intentemos reparalo no noso servidor da UE.
- 3Descarga o resultado e revísao antes de usalo.
Preguntas frecuentes
Pódense reparar todos os PDF?
Non. Se o ficheiro está baleiro, incompleto en boa parte ou non é realmente un PDF, non hai nada que recuperar e indicámoscho.
Perdo algo ao reparalo?
Coa reconstrución normal, non. Se fai falta refacer as páxinas, os campos de formulario e as ligazóns poden perderse; avisámoste cando ocorre.
Funciona con PDF protexidos con contrasinal?
Non. Quita antes o contrasinal con «Desbloquear PDF» e repárao despois.
Están seguros os meus ficheiros?
Envíanse cifrados (HTTPS) ao noso servidor na UE. Durante a fase de probas gardamos unha copia do ficheiro e do resultado ata 30 días, só para revisar a calidade do servizo; despois bórranse automaticamente. Os contrasinais non se gardan nunca.
É de balde?
Si. Todas as ferramentas son gratuítas, sen rexistro e sen marcas de auga engadidas.